Sabías que o asfalto no verán pode superar os 60 °C a pleno sol? É unha temperatura que, evidentemente, as almofadiñas dos cans e dos gatos non están preparadas para soportar. E é que son tecido vivo con terminacións nerviosas, así que unha queimadura nelas doe tanto como en calquera outra parte do corpo. Evitalas é tarefa do humano: en O Papafigos, a túa clínica veterinaria de confianza en Ames, contámosche agora mesmo cales son os coidados máis básicos e sinxelos.
A proba dos cinco segundos
Antes de saír a pasear, apoia o dorso da túa man sobre o asfalto durante cinco segundos. Se non podes mantela, a túa mascota tampouco debería camiñar por aí. A regra é simple pero moi efectiva para saber en tempo real se a superficie é segura. Tamén nos parece bastante lóxico ter controlado o mellor momento para os paseos no verán: cedo pola mañá e desde as oito da tarde son as franxas que recomendan os nosos veterinarios de Ames.
Sinais de que as almofadiñas se queimaron
As queimaduras nas almofadiñas non sempre son evidentes a primeira vista. No verán hai que duplicar a atención a estes detalles e ter controlados estes sinais de aviso:
- Coxeira repentina durante ou despois do paseo
- Exceso de lambeduras nas patas
- Ampolas ou zonas avermelladas na planta
- Pel que empeza a desprenderse en pequenos fragmentos
Se observas calquera destes síntomas, lava as patas con auga fría e vén canto antes á nosa clínica veterinaria de Ames.
Hidratación e coidado preventivo das almofadiñas
As almofadiñas tamén se resecan coa calor e o contacto continuado con superficies duras. Polo tanto, recomendamos aplicar unha crema hidratante específica para mascotas (nunca crema humana) dúas ou tres veces por semana no verán. Desta forma, estarás axudando a manter o tecido elástico e menos vulnerable ás fendas.
Se non tes clara a mellor opción, non te preocupes: en O Papafigos recomendarémosche o produto máis axeitado para o tipo de pel e o nivel de actividade do teu animal.
Superficies seguras nas que si podes pasear
A herba, a terra, a area húmida e as zonas de sombra son superficies que absorben moita menos calor e resultan seguras mesmo a media mañá. Se a túa ruta habitual pasa por zonas moi expostas, nin o dubides: paga a pena buscar un trazado alternativo con máis zonas verdes.
Problemas nas almofadiñas este verán? Garda o contacto dos nosos veterinarios en Ames
Se tes dúbidas sobre o estado das almofadiñas do teu can ou do teu gato, ou queres que revisemos as súas patas antes de que aperte a calor, pide cita na nosa clínica veterinaria en Ames: en O Papafigos atendemos a túa mascota co mesmo coidado que nos gustaría que tivesen coa nosa.