O noso veterinario en Ames encárgase da identificación e outros trámites
Na nosa clínica veterinaria en Ames encargámonos da tramitación de documentación necesaria para a túa mascota, como a implantación e rexistro do microchip, cambios de titularidade, certificados de saúde...
A lei obriga a identificar a todos os animais de compañía. Dende o 2 de xullo do 2003, en Galicia é obrigatoria a identificación mediante microchip de todos os cans a partir dos tres meses, podendo ser a súa falta sancionada con multas económicas. Como se procede?
- Implantación dun transponedor inxectable (microchip).
- Dar de alta e complementar o documento de Identificación ou Pasaporte Oficial. *Onde figura o número de identificación e número do chip do animal.
- Rexistrar a información no REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía). *Tramitarase a expedición da tarxeta identificadora da mascota e propietario.