Galego

Selecciona o teu idioma

Blog de O Papafigos

5 sinais para detectar unha verdadeira emerxencia veterinaria

Publicado: 25 de marzo de 2026, 17:56 (Onte)
  1. Cirurxías
5 sinais para detectar unha verdadeira emerxencia veterinaria

Convivir cun animal implica, entre outras cousas, aprender a ler os seus xestos e comportamentos. E isto que che dicimos aplica tanto para a vida diaria como para eses momentos nos que algo non vai ben. E é que, en caso de emerxencia, o tempo non corre ao teu favor, así que interpretar os sinais de que tes que vir correndo a un veterinario é fundamental. Se aínda non te manejas con elas, chegaches xusto ao artigo indicado: desde O Papafigos, a túa clínica veterinaria en Ames, descríbímolas agora mesmo para que as teñas sempre presentes.

Dificultade respiratoria extrema ou xadeo inusual

Se notas que a túa mascota fai ruídos estraños ao respirar, ten as enxivas azuladas ou intenta coller aire coa boca aberta de forma desesperada, entón estás ante unha urxencia bastante seria. Nos gatos, por exemplo, respirar pola boca é sempre un sinal de alarma grave, posto que a falta de osíxeno pode derivar nun colapso circulatorio rápido. Ante esta situación, evita angustiar ao animal e ven rapidamente á nosa clínica veterinaria de Ames para que poidamos administrarlle osíxeno e soporte vital.

Perda de consciencia, convulsións ou desorientación

Calquera alteración neurolóxica é motivo de consulta inmediata. Os exemplos clásicos son desmaios, incapacidade para manterse en pé ou os ataques epilépticos, que indican que o cerebro ou o sistema nervioso están a sufrir. Non esperes a que se lle pase só; un estado de confusión severa tras un golpe ou sen causa aparente require un diagnóstico rápido co que poidamos descartar danos internos ou cadros de shock.

Abdome inchado, duro e intentos de vómito fallidos

Esta é unha das emerxencias máis críticas que atende o noso equipo de veterinarios de Ames, especialmente en cans de razas grandes. Se ves que o abdome do teu can se infla de forma repentina, se pon duro ao tacto e o animal intenta vomitar sen conseguilo, podería tratarse dunha torsión gástrica. É unha condición mortal en cuestión de horas que só se resolve mediante unha intervención cirúrxica rápida.

Hemorraxias persistentes ou traumatismos por accidentes

Un sangrado que non cesa tras aplicar presión durante uns minutos ou as consecuencias dun atropelo ou caída desde altura son emerxencias veterinarias evidentes. Aínda que non vexas sangue externo tras un golpe forte, lembra que pode haber hemorraxias internas que poñan en risco a súa vida.

¿A túa mascota ouriña ou defeca con dificultade? É un sinal para vir á nosa clínica veterinaria en Ames

Se observas que a túa mascota vai repetidamente á caixa de area ou intenta ouriñar no paseo sen éxito, non o pases por alto. Nos gatos machos, unha obstrución urinaria é unha emerxencia extrema que provoca fallo renal agudo en moi pouco tempo. A dor é intensa e o dano orgánico avanza con cada hora que pasa sen que un profesional realice o sondaxe ou o tratamento pertinente.

Veterinarios en Ames para a atención inmediata de urxencias

Esperemos que non suceda, pero se detectas algún destes 5 sinais de auténtica emerxencia veterinaria, non o dubides: chámanos e desde O Papafigos estaremos preparados para recibirte e darlle á túa mascota a mellor atención veterinaria de Ames.

Noticias relacionadas

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.