info@opapafigosservizosveterinarios.es

Selecciona tu idioma

Servizos veterinarios de O Papafigos

Servizos veterinarios de O Papafigos

Todo o que necesita a túa mascota

Na clínica veterinaria en Ames O Papafigos, preocupámonos de ofrecer servizos de calidade, atendendo o máis importante: o coidado dos nosos animais.

O noso equipo veterinario encárgase de cubrir todas as necesidades das mascotas e tamén algún que outro capricho para eles, porque o mererecen.

Para iso, dispoñemos tanto dunha clínica veterinaria que incorpora o último en tecnoloxía e unha tenda especializada, equipada con todos os produtos que poidas necesitar pra o coidado e mimo dos teus pequenos amigos.

Ademáis, para asistencia de emerxencia, poñemos á túa disposición o noso servizo de urxencias 24h e tamén a posibilidade de desprazamento a domicilio no caso de que non che sexa posible desprazarche ao noso centro.

Todo o que necesita a túa mascota
Servicio de urgencias 24h

Servizo de urxencias 24h

Se a túa mascota presenta unha emerxencia, non te preocupes! Estamos contigo. En O Papafigos poñemos á túa disposición o noso servizo de urxencias 24 horas, grazas ao cal poderás contactar cos nosos veterinarios en calquera momento que o necesites.

Priorizamos a saúde dos teus animais. Ponche en contacto connosco e consegue a atención dun veterinario de urxencias e con gran vocación.

Medicina preventiva e medicina interna

Medicina preventiva

Medicina preventiva

A medicina preventiva fai referencia a todas aquelas prácticas realizadas pra previr a presenza de enfermidades ou de diferentes situacións nas que a saúde se pode poñer en perigo.

Baséase en establecer unha serie de coidados precios que teñen que ver cunha mellor calidade de vida das nosas mascotas, incluíndo así, desparasitaciones indicadas en casa caso, pautas vacunales, analíticas rutineiras, limpezas dentales, recoñecementos periódicos...

Medicina interna

A medicina interna veterinaria defínese como a disciplina científica sobre o estudo, diagnóstico e tratamiento de enfermidades non cirúrxicas do paciente, ofreciendo unha atención integral e completa dos animais con problemas de saúde.

Abarca as patoloxías médicas do paciente cubrindo as enfermidades de todos os sistemas e órganos, englobando numerosas subespecialidades:

  • Dermatoloxía
  • Oftalmoloxía
  • Odontoloxía
  • Reproducción e Obstetricia
  • Cardioloxía
  • Neumoloxía
  • Endocrinoloxía
  • Medicina do aparello dixestivo
  • Nefroloxía
  • Medicina xeriátrica
  • Medicina interna felina
Medicina interna
Identificación e trámites

Identificación e trámites

Ofrecemos entre os nosos servizos a tramitación de diversa documentación que poida ser necesaria pra túa mascota, como a implantación e rexistro do microchip, cambios de titularidade, certificados de saúde...

A lei obriga a identificar a todos os animais de compañía. Dende o 2 de xullo do 2003 en Galicia é obrigatoria a identificación mediante microchip de todos os cans a partir dos tres meses de idade, poder ser a súa falta sancionada con multas económicas de sumas importantes. Como se procede?

  • Implantación dun transponedor inxectable (microchip).
  • Dar de alta e complementar o documento de Identificación ou Pasaporte Oficial onde figura un número de identificación e o número do chip do animal en cuestión.
  • Esta información rexístrase no REGIAC (Rexistro galego de identificación de animais de compañía) onde se tramitará a expedición da tarxeta identificativa da mascota e propietario.

Outros servizos da nosa clínica veterinaria en Ames

Veterinario a domicilio

Prestamos atención veterinaria a domicilio pra poder proporcionarche os nosos servizos clínicos en situacións nas que acudir á clínica non fose posible.

O horario de atención dependerá da dispoñibilidade do persoal.

Diagnóstico por imaxe

Trátase dunha ferramenta indispensable pra o diagnóstico clínico e en menor medida pra emitir un prognóstico.

Dispoñemos de avanzados equipos, tanto de raios x pra a realización de radiografías e posibilidade de dispoñer de ecografistas especializados para obter imaxes en tempo real.

Hospitalización

Moitos pacientes necesitan ser hospitalizados durante certos períodos de tempo en situacións nas que precisan dunha vixilancia e control terapéutico estricto. Para iso, na nosa clínica veterinaria ofrecemos una monitorización continua, por medio do emprego de equipos altamente especializados.

Dispoñemos de diversas áreas para separación de felinos, caninos, exóticos e animais con posibles patoloxías infecciosas. O noso equipo humano proporciona aos pacientes todos os coidados necesarios para lograr unha temperá recuperación e para que a súa estancia sexa o máis confortable posible.

Laboratorio

Ofrecemos a posibilidade de realizar diversas análises clínicas, moitas veces indispensables para poder emitir un diagnóstico.

Incluimos hematoloxía, bioquímicas sanguíneas, análises de ouriños, exámenes coprolóxicos, citoloxías e cultivos.

Cirurxía e anestesia

  • Cirurxía de abdomen e tecidos brandos.
  • Coidados intensivos.
  • Anestesia
Outros servizos

Coidado da mascota

Dietética animal

Dietética animal

Ofrecemos o mellor asesoramento en alimentación e nutrición dende un enfoque totalmente personalizado e adaptado ás necesidades de cada un dos nosos pacientes, atendendo á súa condición en cada etapa da súa vida.

Á súa vez, dispoñemos dunha ampla gama de produtos de alimentación, incluíndo dietas de prescrición veterinario segundo cada patoloxía para adaptarnos o máximo posible a cada uno dos nosos clientes.

Plans de saúde

Plans de saúde

Establecemos un control específico, especializado e individualizado para cada un dos nosos pacientes, realizando unha planificación exhaustiva destinada a cubrir todos os aspectos sanitarios e de benestar para a súa mascota, desde cachorros a animais xeriátricos.

Tamén realizamos campañas anuais de diferentes patoloxías emerxentes que poden supoñer un risco para a saúde do teu mellor amigo.

Perruquería canina e felina

Perruquería canina e felina

Proporcionamos un servizo de calidade e profesionalidade utilizando as diversas técnicas e cortes axustándonos á morfoloxía e/o raza de cada mascota. Empregando sempre os mellores produtos para unha pel e un pelo sans e bonitos.

Traballamos atendendo ás necesidades hixiénicas e estéticas, coidando todos os detalles para conseguir un acabado perfecto.

Tenda para mascotas

Tenda para mascotas

Na nosa tenda especializada poderás atopar todo o necesario para a túa mascota: alimentación, hixiene, beleza, complementos e accesorios de todo tipo para o teu mellor amigo.

Traballamos coas mellores marcas, para darche así as mellores opcións en artigos para mascotas. En O Papafigos só ofrecemos o mellor para os mellores amigos do home.

Contacta con O Papafigos en Ames

Tes algunha dúbida sobre os nosos servizos? A túa mascota require da atención dos nosos veterinarios? Non o dubides en contacta connosco. En O Papafigos ofrecémosche asesoramento e atención integral.